11 Maio 2025
Dirixida en 2004 por Hirokazu Koreeda e baseada nun feito real, este filme narra a historia de Akira, un neno de doce anos que vive cos os seus irmáns nun pequeno apartamento de Tokyo. Cos pais ausentes, os catro nenos non van ó colexio e aprenden a vivir por si mesmos baixo as súas propias regras. A pesar de todo, o inevitable contacto co mundo exterior fai cambalear o fráxil equilibrio que conseguiron establecer nas súas vidas.
Unha película que engancha dende o primeiro momento, a través dunha narrativa visual excelente que se aproxima á historia cun estilo case documental, empregando luz natural e planos sutís. Un reflexo bastante cru do que pode chegar a pasar na sociedade actual —especialmente nun país tan individualista como Xapón— cando tratamos o tema da soidade, onde cada quen mira por si mesmo sen preocuparse pola xente que ten ao seu redor.
Recomendo moito esta película, pero quero advertir de que a súa carga dramática pode non ser apta para todos os estómagos.
No momento desta publicación a película está no catálogo de Filmin.
---
💠 Vomitorium
🧻 Tódolos posts
📣 Feed de Atom
por ~inoro ©️ 2025