All About Lily Chou-Chou

11 Maio 2025

Dirixida por Shunji Iwai en 2001.

Este filme é adolescencia xaponesa en estado puro, onde cada plano doe e cada nota musical parece falar por dentro. A música e a fotografía son de outro mundo, e a cámara, sempre presente pero nunca intrusiva, convértese nun personaxe máis, que observa a ferida sen intervir. Esta película non é doada, pero si inesquecible. Unha das mellores experiencias depresivas que me deu o cine. Se che gustan os animes que deixan cicatriz, esta obra en acción real vai directamente ao mesmo sitio: ao fondo da alma.

---

💠 Vomitorium
🧻 Tódolos posts
📣 Feed de Atom

por ~inoro ©️ 2025

CC by-sa 4.0